Soberanía alimentaria europea: o papel da agricultura, a pesca e os consumidores

O Grupo de Organizacións da Sociedade Civil do Comité Económico e Social Europeo (CESE) celebrará unha conferencia titulada «Soberanía alimentaria europea: o papel da agricultura, a pesca e os consumidores» o 26 de setembro de 2023 na Cidade da Cultura, no contexto da Presidencia española do Consello Europeo da Unión Europea.

O acto abordará a importancia da produción de alimentos na UE. Tamén examinará o papel que o sector primario e os consumidores xogan para garantir a autonomía estratéxica. Organizacións nacionais e europeas da sociedade civil, representando á agricultura, a gandería, a pesca e os consumidores, debaterán sobre as formas de afrontar os retos actuais e futuros da produción alimentaria europea, asegurando ao mesmo tempo aos cidadáns europeos alimentos sans e producidos de forma sostible. Varios oradores convidados das institucións europeas e da Presidencia española contribuirán tamén aos debates.

Esta conferencia reunirá a membros do CESE, organizacións da sociedade civil española e europea e representantes das autoridades rexionais, nacionais e europeas.

Exposición fotográfica: Mariscadoras

Ademais, no marco da reunión inaugurarase a exposición fotográfica «Mariscadoras» de Adrián Baúlde, na que se rende homenaxe a estas traballadoras e o seu papel no sistema alimentario local. As obras estarán expostas no hall do Edificio CINC desde o 26 de setembro ao 2 de outubro.

A mostra complementa e apoia o traballo realizado polo CESE en relación cos sistemas alimentarios europeos resilientes e sostibles. Soportando condicións de traballo desfavorables, as mariscadoras, na súa maioría mulleres, poñen nos pratos a riqueza da rexión, realizando non só a captura do produto, senón tamén labores de coidado, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros.

As obras dan unha idea das necesidades deste sector específico e supoñen unha forma creativa de abordar cuestións de actualidade que son cruciais para a sociedade civil.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027