Reunión informal ministerial de Asuntos Económicos e Financeiros da UE

Do 15 ao 16 de setembro ten lugar a reunión informal ministerial de Asuntos Económicos e Financeiros da UE na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Con motivo deste encontro, neses dous días só se permitirá o acceso ao complexo ao personal acreditado.

As sesións de traballo céntranse no avance da autonomía estratéxica e no reforzo da cooperación económica internacional, especialmente con América Latina.

No marco do Ecofin celébrase por primeira vez unha reunión conxunta con ministros e institucións financeiras internacionais da rexión de América Latina e o Caribe, organizada en colaboración con CAF-Banco de Desenvolvemento de América Latina e o Caribe. Estas reunións viran ao redor dun tema común: “Cara a unha Economía Verde e Dixital Global”.

Máis información e programa na web da Presidencia Española do Consello da UE

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
3 out 2026
De 17:00h a 22:30