Carreira Camiño das Letras

Para celebrar o Día das Letras Galegas, este 17 de maio volve á Cidade da Cultura a lX edición da Carreira Camiño das Letras. Unha experiencia que xunta o deporte e a cultura.

Hai dúas categorías a escoller: unha de 15 km, que vai desde o Pico Sacro, pola Vía da Prata ata a Cidade da Cultura, outra de 5 km, ao redor da Cidade da Cultura percorrendo o monte Gaiás e o Bosque de Galicia, ademais dun circuíto para nenos e nenas.

A recollida de dorsais será na rúa de Cruceiro da Coruña nº 99, no concesionario Bonaval Car. Cada participante recibirá un libro de agasallo xunto á entrega do dorsal, e haberá servicio de gardarroupa, autobuses e fisioterapia desde a Cidade da Cultura ata o Pico Sacro.

A Carreira Camiño das Letras conecta toma o simbolismo do Camiño de Santiago, e fomenta o exercicio e a cultura.

O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 15 de maio ás 23:59 horas para a carreira de 15 km e ata o sábado 13 de maio ás 23:59 horas para a de 5 km.

Inscricións e máis infomación na páxina web de Carreiras Galegas.

                    

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI