O xoves 23 de febreiro preséntase na Cidade da Cultura o programa 'O noso reto solidario', unha iniciativa xurdida da alianza de Fundación Roberto Rivas, Fundación Botín e Fundación Amicos dirixida a fomentar a innovación e a colaboración no sector da Economía Social de Galicia.
Cunha experiencia acumulada de 40 empresas creadas e máis de 1.300 entidades sociais que xa participaron noutras edicións, o programa chega por primeira vez a Galicia. Aberto á participación de organizacións sen ánimo de lucro e empresas da economía social, ten como obxectivos fomentar a innovación no sector, promover unha cultura do emprendemento sostible económica, social e ambientalmente e lograr o desenvolvemento de proxectos sociais máis ambiciosos, mellor armados e máis estables.
Os detalles de 'O nosos reto solidario' daranse a coñecer o xoves 23 de febreiro nun acto no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. Para participar é necesario inscribirse no seguinte FORMULARIO.
























