Obradoiro 'Investigación-acción participativa nas paisaxes históricas'

O xoves 2 de febreiro ás 11 horas terá lugar no Ecoespazo do CISPAC (Edificio Fontán - Cidade da Cultura de Galicia) un obradoiro titulado “Investigación-acción participativa nas paisaxes históricas”.

O acto está organizado polo grupo de investigación Histagra (USC) no marco das actividades do Laboratorio Ecosocial do Barbanza para 2023. Esta sesión de traballo pretende xuntar diferentes experiencias de investigación-acción participativa para poñer en común traxectorias, metodoloxías e oportunidades.

A primeira parte do obradoiro consistirá na presentación de tres proxectos. O primeiro poñente será Pablo López Gómez, arqueólogo e intérprete do patrimonio do grupo LLABOR e do Centro D’Investigación y Ecomuséu La Ponte. Logo participará Jaime Izquierdo Vallina, actual Comisionado para o Reto Demográfico do Goberno de Asturias, que presentará o proxecto do Sistema Agroecológico Local de Moal. En terceiro lugar falará Roque Sanfiz Arias, investigador predoutoral (Histagra, USC) e membro do equipo de traballo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

A continuación, abrirase un tempo de debate moderado por David Fontán Bestilleiro (Histagra, USC), tamén investigador predoutoral e membro do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

A discusión xirará arredor de tres bloques temáticos: 

  1.  Metodoloxías útiles para traballar en proxectos que conectan distintas disciplinas e ademais se constrúen sobre a investigación-acción participativa, desde e para as comunidades locais. 
  2.  Problemáticas que enfrontan este tipo de proxectos e como resolvelas. 
  3.  Oportunidades para desenvolver iniciativas destas características no contexto actual. 

Para participar na xornada é necesario inscribirse a través do correo cispac.comunicacion@usc.gal

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h