Celebración do 25 aniversario do distintivo Galicia Calidade

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro do Medio Rural, José González, e da conselleira do Mar, Rosa Quintana, participará no acto de celebración do 25 aniversario da creación do distintivo Galicia Calidade. Intervención aberta aos medios.

A Xunta de Galicia creou a sociedade mercantil Galicia Calidade, S.A.U., para xestionar e autorizar o uso da marca rexistrada Galicia Calidade a todos aqueles produtos e servizos que pola súa elaboración en Galicia, a súa materia prima ou o seu deseño galego teñan acreditado o uso desta, despois de declarada a súa calidade a través dos correspondentes mecanismos de control e auditoría.

A marca Galicia Calidade xurdiu despois da plena identificación da Administración, as empresas e a sociedade co slogan dunha campaña publicitaria desenvolvida en 1991 pola Xunta de Galicia. En 1995, o Goberno galego constituíu a empresa pública, tras a aprobación do Decreto 382/1994.

Dende entón, a empresa pública certificou a calidade de máis de 120 empresas e 400 produtos dos sectores máis representativos da economía galega, como os de téxtil-moda, xoiaría, pedras ornamentais, turismo, agroalimentación e pesca, entre outros.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 xuñ 2026
Ás 12:30h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada