Curso da Asociación Galega de Matronas: Problemas da lactancia derivados da anquiloglosia

Formación presencial dirixida a matronas na que se impartirán contidos teóricos e prácticos. Este curso, baixo o título "Manexo dos problemas de lactancia derivados da anquiloglosia: coidados e intervención", está organizado pola AGAM (Asociación Galega de Matronas) e impartido por Marcos Camacho, matrón en Comatrizes.

Obxectivos

— Obxectivos xerais: Ensinar a manexar e resolver os problemas de lactación materna derivados dunha anquiloglosia do recén nado.

— Obxectivos específicos:

  • Coñecer a anatomía da cabeza do recentemente nado, sobre todo e en profundidade da lingua.
  • Diagnosticar os casos con anquiloglosia e clasificalos.
  • Saber manexar as ferramentas de avaliación lingual ATLFF de Hazelbaker e de frenillo lingual de Martinelli.
  • Coñecer como realizar unha boa anamnesis #ante mulleres que presentan algún problema derivado de anquiloglosia.
  • Ser conscientes dos problemas derivadas da anquiloglosia, tanto na lactación materna como na vida diaria baseado na evidencia científica dispoñible do últimos cinco anos.
  • Manexar e resolver a anquiloglosia a través da frenotomía.
  • Saber realizar unha frenotomía e cando realizala.
  • Coñecer os coidados postfrenotomía e as complicacións derivadas delas.
  • Saber manexar e enfrontarse aos pais dun bebé que necesita unha frenotomía.
  • Coñecer as competencias e a lexislación en canto á práctica da frenotomía por parte da matrona.


Contido da xornada

  • 9:00-11:00 Anatomía do recentemente nado e diagnóstico de anquiloglosia
  • 11:00-11:30 Descanso
  • 11:30- 14:00 Manexo da anquiloglosia: frenotomía, coidados e complicacións Implicacións legais
  • 14:00 -16:00 Descanso
  • 16:00- 17:00 Roll – play de casos
  • 17:00-18:00 Casos reais e avaliación
  • 18:00-18:30 Descanso
  • 18:30-21:00 Practicas de frenotomía en boneco de simulación
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI