Nas Xornadas de inauguración do CISPAC, ao longo de 5 sesións, vanse presentar os campos de traballo do novo centro de investigación das tres universidades galegas, con cinco conferencias maxistrais e outras tantas mesas de debate de expertos académicos e do mundo social, productivo e da administración. Formúlanse nestas xornadas problemas importantes cuxa resolución pode resolverse dende a investigación universitaria, pero que deben ser aplicados nos seus contextos.
Asuntos centrados nas paisaxes que teñen xente, nas que producen, na súa gobernanza, no patrimonio que posúen e nos visitantes que as gozan.
Programación:
Luns 17 – Martes 18. Xornadas de traballo co Comité Científico Externo (SAB) do CISPAC
Mércores 19
Campo 1. Paisaxes que teñen xente (mañá)
- 09:30 – 11:00 h. Mesa redonda: O reto demográfico e territorial. Natalia Ribas-Mateos (LSE – Universitat Autónoma de Barcelona), Dolores Puga (Instituto de Economía, Geografía y Demografía del CSIC), Leonor Colliga (Fundación CEPAIM).
- 11:30 – 12:00 h. Inauguración das Xornadas
- 12:00 – 14:00 h. Conferencia plenaria e debate. Saskia Sassen (Columbia University)
Campo 2. Paisaxes que producen (tarde)
- 16:30 – 18:00 h. Conferencia plenaria e debate. Mauro Agnoleti (Cattedra UNESCO. Agricultural Heritage Landscapes Istituto Universitario di Studi Superiori – Università di Firenze)
- 18:30 – 20:00 h. Mesa redonda: Paisaxes en transición ambiental que sofren o quecemento global. Manuel González de Molina (Universidad Pablo de Olavide), Marc Castelnou (Cos de Bombers de la Generalitat de Catalunya), Ramón Villares Paz (Universidade de Santiago de Compostela), Dulce Freire (Universidade de Coimbra)
Xoves 20
Campo 3. Paisaxes gobernadas (mañá)
- 09:30 – 11:00 h. Conferencia plenaria e debate. Cornelia Flora (Iowa State University)
- 11:30 – 14:00 h. Mesa redonda: Paisaxes ilustradamente ordenadas, globalmente desordenadas e localmente gobernadas. Enric Tello Aragay (Universitat de Barcelona), Fernando Oliveira Baptista (Instituto Superior de Agronomía – Universidade de Lisboa), Xosé Manoel Andrade (Fundación Juana de Vega), Xesús L. Balboa López (Universidade de Santiago de Compostela
Campo 4. Paisaxes que teñen patrimonio (tarde)
- 16:30 – 18:00 h. Conferencia plenaria e debate. Leonardo García Sanjuán (Universidad de Sevilla)
- 18:30 – 20:00 h. Mesa redonda: Europa atlántica, demasiado patrimonio? Margarita Fernández Mier (Universidad de Oviedo), Iñaki Díaz-Balerdi (Euskal Herriko Unibertsitatea), Manuel Gago Mariño (Consello da Cultura Galega)
Venres 21
Campo 5. Paisaxes visitadas (mañá)
- 09:30 – 11:00 h. Conferencia plenaria e debate. Carlos Costa (Universidade de Aveiro)
- 11:30 – 14:00 h. Mesa redonda: O valor do turismo e os valores das paisaxes. Alfonso Vargas (Universidad de Huelva), Xerardo Pereiro (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro), Augusto Pérez Alberti (Universidade de Santiago de Compostela), Agustín Hernández Fernández de Rojas (Consello Económico Social de Galicia)
Asistencia libre, previa inscrición no enderezo cispac.xestion@usc.es.
























