XIII Congreso Nacional de Familias Numerosas

O 13º Congreso Nacional de Familias Numerosas terá lugar o sábado 15 de outubro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Titulado “Familias numerosas, presente e futuro”, está organizado pola Federación de Familias Numerosas (FEFN) e a Asociación Galega de Familias Numerosas (Afagan).

Programa: 

  • 10:00 h Apertura e inscrición das familias
  • 11:00 h Acto inaugural
  • 11:30 h Conferencia inaugural: Antonio Moar, ‘coach’ de empresas e familias
  • 12:15 h Mesa redonda con pais e nais de familia numerosa: Riqui Muñoz (@papaymas) Pablo de Aróstegui (@paroste); Pablo Sánchez Carmenado (@pablocarmenado) e Mar Dorrio (@whynottwelve).
  • 13:45 h Clausura
  • 14:00 h Cóctel-xantar

A inscrición exclusivamente ao congreso é de 50 euros/familia e inclúe:

  • Zona infantil de 3 a 14 anos (a cargo de empresa especializada, con grupo de nenos/as divididos por idades, con zonas de xogos e diversas actividades).
  • Comida dese día para adultos e nenos/as (maiores de 3 anos).

Así mesmo, habilitarase un espazo destinado a facilitar ás nais e pais o coidado, atención e zona de lactancia de bebés de 0 a 2 anos (non haberá servizo de gardería, polo que se deberá levar a comida dos mesmos).

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027