Xornadas RUTEALC

 RUTEALC é unha incubadora de proxectos culturais resultado da alianza estratéxica entre a Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e a empresa Trivium Estratexias en Cultura e Turismo (TRIVIUM). O noso obxectivo é xerar unha comunidade de xestores, profesionais, cidadáns e emprendedores interesados na creación e o fortalecemento dos itinerarios culturais en Latinoamérica e Caribe.

Este proxecto contribuirá a xerar oportunidades para o benestar e a calidade de vida das persoas e dos seus territorios en relación cos roteiros culturais, tomando como referencia o Camiño de Santiago, o primeiro Itinerario certificado polo Consello de Europa no ano 1987.

 XORNADAS PROFESIONAIS

Charlas de boas prácticas realizadas por destacados profesionais do sector e emitidas en directo polas plataformas Facebook e Zoom.

 PÚBLICO              

 Abertas a todas as persoas interesadas en proxectos vinculados aos roteiros culturais de Iberoamérica.

 DATAS

28 e 29 de xuño/ 17:00-20:00 horas do 2022 (Horario Madrid/GMT+2 horas).

RELATORES

Clara Mónica Zapata, Quintín Correas, Fabiola Leiva, Jordi Tresserras, Miguel Ángel Cajigal “O Barroquista”.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta