II Sesións Foro Galego Local de Economía Circular

O Foro Galego Local de Economía Circular quere servir de espazo de intercambio de experiencias, boas prácticas e coñecemento  entre as entidades locais galegas.

O Foro, que ten natureza permanente e se desenvolverá a través de sesións periódicas ao longo do ano, ten a finalidade de identificar as necesidades e boas prácticas das entidades locais galegas no marco da aplicación dos novos obxectivos de economía circular. A segunda sesión terá lugar os días 13 e 20 de xuño de 9 a 15 horas no Edificio CINC da Cidade da Cultura, nunhas xornadas dirixidas a cargos electos e técnicos municipais e centradas na repercusión da Lei de Residuos.

Ao mesmo tempo, o Foro constitúese como unha vía para a divulgación de coñecemento entre as entidades locais galegas sobre as esixencias normativas e de xestión implícitas na nova regulación de residuos, e como espazo colaborativo para dar resposta a problemas comúns na xestión local de residuos. 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027