Serán'03 | Masterclass 'As Añas en Pontevedra'. Con María Xosé Martínez

A masterclass 'As Añas en Pontevedra', de percusión e voz, estará conducida por María Xosé Martínez Pérez. A súa traxectoria no mundo do folclore galego iníciase na Asociación Folclórica Xalgarete en Vigo e como mestra de pandeireta, baile e canto tradicional en diversas institucións da provincia de Pontevedra dende o ano 1981. É entón cando comeza a recuperar e divulgar a cultura popular galega, participando tamén en diversos coloquios e certames folclóricos dentro e fóra de Galicia. Actualmente coordina o programa 'Enredando, artesanía na escola', en colaboración coa Fundación Pública Artesanía de Galicia e con AGAT. Así mesmo, leva a cabo obradoiros de numerosos oficios artesáns en feiras de artesanía e entidades culturais.

As masterclasses do Serán'03 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de pandeireta, percusión e técnica vocal e están impartidas polo profesorado máis destacado do momento: Fransy González, Pau Santirso, María Xosé Martínez, Belén Mato, Vanesa Muela, Carmen Rey ou Livia Giaffreda. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h