A Cidade da Cultura acolle a a estrea da curtametraxe Jakobsland, que reivindica a lenda e a historia arredor do asentamento vikingo da praia de San Román, no concello de O Vicedo. A curtametraxe, impulsada pola produtora Queiman e Pousa con financiación do concello, rodouse no mes de setembro neste areal lucense e tamén en lugares como Fuciño do Porco ou o poboado do Lugar do Cadaval, en Mañón.
A proxección será o 12 de marzo ás 19:00 horas no andar -1 do Museo Centro Gaiás. Para asistir é necesario inscribirse previamente no correo omix@concellodovicedo.org ou no teléfono 982.59.01.95.
Rodada cun amplo equipo galego e internacional de actores, actrices e especialistas, con guión de Roque Cameselle e producida por La Sombra Studios, a curtametraxe busca dar a coñecer a cultura galega e as súas influencias históricas, así como fortalecer a imaxe de O Vicedo e do conxunto da Mariña Lucense.
























