V Congreso Escolar polas Igualdades

Dende o ano 2012 o IES Maruxa Mallo de Ordes caracterízase por promover a igualdade de xénero entre a comunidade educativa que integra o Centro e, ademais de promover unha educación transversal e integradora en todos os niveis, a Comisión de Igualdades do Centro organizou diferentes actos entre os que salienta o Congreso Escolar polas Igualdades, que este ano na súa V edición se celebra na Cidade da Cultura. 

O encontro contará cunha inauguración institucional con representantes da Xunta de Galicia, o concello de Ordes e o centro de ensino e incluirá relatorios sobre diferentes cuestións relativas á igualdade e un feixe de actividades realizadas por alumnas e alumnos do centro. Durante o evento entregarase ademais o premio Maruxa Mallo e os agasallos ás persoas gañadoras do Concurso de Microrrelatos 25N.

O Congreso concíbese como un proxecto didáctico transformador que implique ao alumnado, e especialmente ás alumnas, na organización e desenvolvemento dun encontro do que son protagonistas, converténdoo nun proxecto que os leva a asumir responsabilidades e compromiso e nunha experiencia de gran contido pedagóxico en materia de integración, cooperación e igualdade.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h