A Xunta de Galicia e Red.es organizan o evento de presentación de Kit Dixital en Galicia. Kit Dixital é un programa de axudas económicas do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para impulsar a dixitalización de pemes e autónomos.
Abordar a dixitalización é un proceso cíclico de mellora continua que implica adaptarse ao novo entorno realizando diferentes cambios. Como consecuencia, as pequenas e medianas empresas deben adaptarse constantemente a circunstancias concretas como ao aumento da compravenda en liña, ou a dixitalización e xestión de procesos.
Neste contexto e co fin de xerar un maior impacto na dixitalización das pemes, Red.es pon en marcha unha xira polas comunidades autónomas para dar a coñecer o programa Kit Dixital, un programa de axudas económicas do Ministerio de Asuntos Exteriores Economía e Transformación Dixital, financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O martes 15 de febreiro celebrarase na comunidade de Galicia, cun acto presencial no auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura e en paralelo cunha retransmisión en liña.
- Para poder asistir presencialmente, inscríbete na seguinte ligazón: INSCRICIÓN PRESENCIAL
- Para asistir online, inscríbete na seguinte ligazón: INSCRICIÓN ONLINE
Máis información do Programa Kit Dixital na web www.acelerapyme.es.
























