O xoves 13 de xaneiro de 2022 o Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura acolle unha xornada práctica de presentación do programa Kit Dixital, con Carlos Tabernero, Director do Sector Público en NTT Data, entidade encargada de difundir a información relativa a este programa.
O programa do evento será:
- Primeira parte - Kit Dixital e Pemes (con menos de 50 traballadores): orientada cara as pemes de calquera sector económico que teñan interese en coñecer o tipo de apoio que ofrece o Kit Dixital nas súas diferentes áreas de actuación, requisitos e bonos de dixitalización.
- Segunda parte - Kit Dixital e Axentes Dixitalizadores: orientada aos provedores de solucións. Ao longo da xornada tratarase o papel dos axentes dixitalizadores no programa, os modos de participación, o actual marketplace e todo o necesario para que os axentes TIC e outros provedores poidan coñecer de primeira man a súa posible implicación no Programa.
- Terceira parte - Kit Dixital e “Superaxentes” Dixitalizadores: Aínda que non están claros os requisitos, haberá unha figura de Axente Dixitalizador de grande dimensión que terá unhas responsabilidades e requisitos diferentes. Búscase que estes “superaxentes” teñen unha alta capilaridade do tecido e sexan capaces de atraer moitos beneficiarios do programa. Reservamos este espazo para que “superaxentes” dixitalizadores poidan explicar a súa estratexia de actuación e ver posibilidades de colaboración con entidades asociadas interesadas en prover solucións que recolle o Kit Dixital.
Búscase que a xornada sexa eminentemente práctica, centrada en resolver todo tipo de cuestións ao redor da execución deste programa que terá unha duración longa no tempo e mobilizará unha cantidade de fondos importantes para a dixitalización.
O público obxectivo da xornada son provedores de solucións dixitais e pemes de calquera sector, con menos de 50 traballadores, que teñan interese en iniciar, continuar ou reforzar o seu proceso de transformación dixital. Todas as entidades interesadas porden reservar a súa praza no seguinte formulario: https://forms.gle/jdATXkGPd99LxBpc9.
A xornada poderá seguirse de maneira presencial (prazas limitadas) e en liña coa súa emisión en streaming.
























