Asemblea da Rede Acieloabierto

Asemblea da Rede de festivais de danza contemporánea en espazos non convencionais, Acieloabierto. A Rede ten a orixe nas liñas de colaboración que durante anos mantiveron moitos dos festivais que a compoñen. A apertura e xenerosidade de todos desembocou en espazos de traballo común que se mantiveron constantes, así que o natural foi crear unha estrutura que os integrara, que facilitara a súa aparición e que permitira participar neles a novos axentes do sector. É dicir, unha infraestrutura aberta e inclusiva que permitira a circulación de información, ideas e proxectos artísticos, e que promovera o desenvolvemento da danza contemporánea.

Integrados na Rede Acieloabierto, os festivais traballan de forma máis profunda no seu compromiso coa danza contemporánea, coa consolidación de compañías e festivais e, sobre todo, coa idea de que as obras de bailaríns e coreógrafos conecten coa cidadanía. A rede articúlase sobre diversos festivais de danza contemporánea en espazo público, distribuídos temporal e xeograficamente

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h
Do 3 - 6 dec