Foro estratéxico Talentia Summit'21

Este ano amplíase a celebración desta feira virtual de talento e emprego a un total de dúas semanas. O evento transcorrerá de forma virtual na web www.talentiasummit.com, desde o luns 15 ata o venres 26 de novembro. Así, a Feira do Talento volverá ser 100% virtual para as ofertas de emprego. Tamén haberá cursos de formación, webinars, workshops, casetas virtuais de empresas, sesións de mentoring e certificados oficiais.

Baixo o lema “Impulsando o talento, innovando na sustentabilidade”, esta edición aspira a reunir a novos usuarios interesados en descubrir o seu talento e desenvolver e mellorar o seu perfil profesional. A iniciativa está organizada polo Concello de Santiago de Compostela e recibiu preto de 50.000 visitas de usuarios únicos no portal web durante novembro de 2020. Á súa vez, o Foro Talentia 2020 foi visto vía streaming por máis de 4.000 espectadores.

Foro Talentia 2021 o 18 de novembro na Cidade da Cultura. 

Dentro da programación desta feira terá lugar de maneira presencial o Foro Talentia. Estará presidido por Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia,; Pilar Alegría, Ministra de Educación e Formación Profesional e Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela. Contará con relatores ao máis alto nivel, entre os máis relevantes de España, e especialmente de Galicia. Como cada ano, participarán empresarios/ as e profesionais especializados/ as en ciencia, tecnoloxía, enxeñería, matemáticas, educación, marketing, recursos humanos e economía. Tampouco faltarán as artes escénicas e o talento artístico para dar unha nota de cor. Será unha xornada con formato presencial, onde a seguridade estará reforzada implementando todas as medidas de hixiene necesarias para garantir a súa correcta celebración.

A xornada terá lugar no  Edificio Fontán cun aforo de 750 persoas asistentes. Ademais, do mesmo xeito que en 2020, o foro tamén será difundido en tempo real mediante streaming. O ano pasado, máis de de 4.000 espectadores elixiron esta opción para seguilo en directo.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h