O obxectivo do Programa Merlo é apoiar e acompañar ás persoas galegas retornadas no desenvolvemento dos seus negocios ou actividade profesional, favorecendo a súa integración social e empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia e impulsando a súa consolidación e crecemento.
Os mentores e mentoras traballarán, mediante a transferencia da súa experiencia e coñecementos, coa persoa galega retornada mentorizada, contribuíndo así ao seu crecemento profesional e persoal, mais non interferindo na toma de decisións. As persoas participantes seleccionarán as áreas de apoio nas que queren traballar.
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Nov - mai 2017
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h


























