Presentación ¡Buen Camino! de Google Arts & Culture

Cada ano, desde hai 12 séculos, miles de persoas de todo o mundo camiñan cara a Santiago de Compostela, nunha emocionante aventura que combina compañeirismo, deporte e desafío persoal nunha contorna cultural e natural única. O proxecto "¡Buen Camino!" en Google Arts & Culture dá a coñecer o patrimonio monumental, natural e inmaterial que enriquece e caracteriza este itinerario, permitindo que calquera persoa poida achegarse á experiencia única de percorrer os Camiños de Santiago.

O proxecto, que podes descubrir en g.co/buencamino, será presentado nun evento emitido en liña desde a Cidade da Cultura de Galicia, co seguinte programa: 

10:30h | Benvida institucional:

  • Miguel Escassi, Director de Relacións Institucionais para Google España e Portugal
  • Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e Conselleiro de Turismo


10:35 | Presentación do proxecto ¡Buen Camino! 

11:20h | Peche institucional 

  • Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia. Presencial
  • Javier Lambán, Presidente da Comunidade Autónoma de Aragón - Remoto
  • Miquel Iceta Llorens, Ministro de Cultura e Deporte do Goberno de España - Remoto
  • Reyes Maroto Illera, Ministra de Industria, Comercio e Turismo do Goberno de España – Remoto

 12:00 | Actuación de As Tanxugueiras

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta