O día 22 de abril a Xunta Directiva da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria, AGAPap organiza a súa XVl Reunión anual na Cidade da Cultura. As sesións terán lugar no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia e haberá tamén unha exposición comercial na Sala Eisenman.
O evento vai dirixido a pediatras de atención primaria en Galicia, pediatras hospitalarios ou pediatras residentes, e existen diferentes modalidades de inscrición para asociados, residentes ou retirados e persoas non socias. A inscrición está aberta mediante este formulario ata o día 13 de abril. Poderás encontrar máis información do curso na súa páxina web.
PROGRAMA
- 8.30h – 9.00h. Recollida de documentos
- 9.00h – 10.30h. Seminario de Reumatoloxía. Obradoiro de casos prácticos de Reumoloxía. Dr. Jenaro Graña Gil
- 10.30h – 11.00h. Acto de inauguración
- 11.00h – 11.30h. Pausa - Café
- 11.30h – 12.30h. Relatorio de alerxias e desensibilizacións. Manexo práctico da alerxia alimentaria en pediatría. Dr. Manuel Rial
- 12.30h – 13.30h. Relato de dismorfias orofaciais. A respiración nasal e o rostro do neno. Dr. Christian Calvo
- 13.30h – 14.15h. Asamblea xeral AGAPap
- 14.30h – 16.00h. Comida de traballo
- 16.00h – 17.30h. Casos prácticos de ECG. Aprendendo cardioloxía a través de casos clínicos. Dr. Miguel Ángel Granados
- 17.30h – 18.00h. Pausa - Café
- 18.00h – 19.30h. Conferencia de clausura. As palabras lévaas o vento. Que escribir e que non na historia clínica. Dr. Roi Piñeiro. / D. Javier Moreno
- 19.30h – 19.45h. Acto de clausura
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
























