XV Congreso Internacional Infancia Maltratada

A Cidade da Cultura acolle os días 5, 6 e 7 de maio a celebración do XV Congreso Internacional de Infancia Maltratada en 2022. Nesta ocasión o Congreso está a ser organizado xunto á asociación AMINO.Gal

Tal e como propón o lema elixido “Camiñando no Bo trato: consolidando modelos de protección”, a programación deste congreso busca centrar a atención de todos os axentes involucrados na atención á infancia sobre a necesidade de recoñecer o bo trato non como unha meta senón como unha realidade desde a que traballar para previr e protexer á infancia e adolescencia fronte ao maltrato infantil.

A programación do encontro inclúe actividades simultáneas nos espazos do Edificio CINC (Salón de Convencións, Auditorios 1 e 2) en modalidade presencial, así como unha modalidade de asistencia online ás actividades do Salón de Convencións.

Desde o ano 1989, a Federación de Asociaciones para la Prevención del Maltrato Infantil, FAPMI – ECPAT España, en colaboración coas súas entidades federadas organizan con carácter bienal o Congreso Estatal de Infancia Maltratada, o cal adquiriu unha dimensión internacional desde a súa edición en 2012 celebrada en Oviedo.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
15 Xul 2026
A partir das 20:30 horas
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada