Xuventude na Onda é un evento para conectar talento e oportunidades que se celebra os días 28 e 29 de novembro na Cidade da Cultura, organizado pola Xunta de Galicia en colaboración co CIXUG. Está dirixido a mozos e mozas entre os 17 e os 30 anos, estudantes universitarios ou titulados/as con interese na innovación e o emprendemento, integrantes do ecosistema científico, investigador ou empresarial galego, representantes de universidades e centros tecnolóxicos, e tamén participantes no programa Xuventude Mentoring.
O programa inclúe charlas inspiradoras e obradoiros, espectáculos de música e eventos vinculados cos videoxogos e ten como obxectivo principal promover a conexión entre o talento novo e os sectores da innovación, ciencia e empresa, favorecendo a creación de sinerxías e novas oportunidades de colaboración. Podes consultalo e inscribirte de maneira gratuíta na web de Xuventude na Onda.






















