Xornadas profesionais RUELTAC

RUTEALC Incubadora de Itinerarios de Iberoamérica é unha iniciativa da Organización de Estados Iberoamericanos - OEI e a empresa Trivium estratexias en cultura e turismo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Cultural Routes of the Council of Europe programme. O seu obxectivo é xerar unha comunidade de xestores, profesionais, cidadáns e emprendedores interesados na creación e o fortalecemento dos itinerarios culturais en América Latina e Caribe.

Programa das xornadas

Xoves 5 de xullo. «SITUACIÓN ACTUAL DOS ITINERARIOS CULTURAIS DO CONSELLO DE EUROPA E IBEROAMÉRICA»

  • 17.00 h. Inauguración oficial das xornadas. Raphael Callou (Director xeral de Cultura da OEI); Stefano DOMINIONI (Secretario executivo do Acordo Parcial Ampliado sobre os Itinerarios Culturais do Consello de Europa; Director do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais); César Abella Vázquez (Director xeral de Trivium); Manuel Chaín (Subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Xunta de Galicia).
  • 17:15 h. ‘O Programa de Itinerarios Culturais do Consello de Europa e Iberoamérica’. Eladio Fernández-Galiano (Instituto Europeo de Itinerarios Culturais).
  • 17:45 h. ‘As conmemoracións culturais como catalizadoras dun desenvolvemento sostible dos territorios. O caso práctico do Xacobeo 21-22’. Cecilia Pereira (Ex-comisaria del Xacobeo 2021-22)
  • 18:15 h. ‘Camino Real de Tierra Adentro e a súa cultura material’. José Francisco Román (Universidad de Zacatecas)
  • 18.45 h. Preguntas do público e debate. Modera: Luís Valle Regueiro

Venres 5 de xullo. «EXPLORANDO ALIANZAS ENTRE OS ITINERARIOS CULTURAIS DE IBEROAMÉRICA»

  • 17.00 h. Presentación e apertura da sesión.
  • 17.15 h. ‘Rutas e Itinerarios culturais para o desenvolvemento dos territorios’. Raphael Callou (Director xeral de Cultura da OEI)
  • 17.45 h. ‘A lexislación para o fomento de rutas patrimoniais e itinerarios culturais’. Katti Osorio (Presidenta de ICOMOS Panamá)
  • 18.15 h. ‘A xestión de itinerarios culturais: oportunidades e desafíos. O caso transnacional das Misións Xesuíticas’. Alfredo Conti (Vicepresidente de ICOMOS América).
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI