Xornadas Gain _ Financiamento I+ D+ I Empresarial

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) están a organizar para o vindeiro 3 de maio unha presentación das novidades nos instrumentos de apoio e financiamento que ofrecen ás empresas ambas institucións.

A xornada, que terá lugar entre as 11:30 e as 14:00 horas no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, contará coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, o director xeral de CDTI, Francisco Marín, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey.

Podes consultar o programa, así como acceder ao formulario de inscrición nas webs de GAIN e CDTI.

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta