Xornadas formativas das librarías

Xornadas formativas dirixidas a libreiros e libreiras, ou a persoas que están pensando en abrir unha libraría, e que queren optimizar os seus procesos de traballo e seguir mellorando na xestión dos seus negocios.

Durante un día e medio, na Cidade da Cultura e contando con persoas expertas, abordaranse tres eixos fundamentais no día a día dunha libraría:

1) Económico, poñendo o foco na mellora nos sistemas de xestión financeira.
2) Tecnolóxico, profundizando nas ferramentas que facilitan o noso traballo de catalogación, facturación, comunicación, etc.
3) Legal, revisando os instrumentos e a normativa que nos afectan específicamente.

PROGRAMA COMPLETO

XOVES 17

9:30 – Acto inaugural.
Cristina Rubal (Subdirectora Xeral de Bibliotecas)
Anxo M. Lorenzo (Secretario Xeral de Cultura)
Ramón Domínguez (Presidente FLG)

10:00 – Introdución á xestión económica.
FEMXA Corporate learning. Presencial.

12:00 – Pausa café.

12:30 – Introdución á xestión económica.
FEMXA Corporate learning. Presencial.

14:30 – Pausa xantar.

16:00 – Presentación da Axenda cultural das librarías de Galicia.
Gabriela Casar (Federación de Librarías de Galicia)

16:30 – A xestión de novidades. Unha proposta de mellora. Juan Miguel Salvador (Librería Diógenes.) Online.

17:30 – Coloquio

VENRES 18

10:00 – Cuestións legais na xestión das librarías.
José Guilló Sánchez-Galiano (Abogado CEGAL). Presencial.

11:30 – Pausa café.

12:00 – CEGAL en red, SINLI e todostuslibros: unha visión en perspectiva.
Tatiana Vives (CEGAL). Presencial.

13:00 – Librired. Unha ferramenta de análise do teu mercado.
Pablo Barragán (Desarrollador Librired). Presencial.

13:30 – Coloquio

14:30 – Pausa xantar.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI