O Edificio Fontán da Cidade da Cultura acolle un ciclo de dúas xornadas para dar a coñecer o proxecto EDIT: Eurorrexión Destino Turístico Intelixente, aprobado na 2ª convocatoria do Programa Operativo INTERREG VAI España Portugal (POCTEP) no marco do obxectivo temático 6 "Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos" e o obxectivo específico 6c "Protexer e Valorizar o patrimonio cultural e natural, como soporte de base económica da rexión transfronteiriza".
O obxectivo do proxecto é mellorar a xestión dos recursos turísticos e a información sobre a actividade turística a través do TIC, transformando o modelo turístico en base á innovación, tecnoloxía, sustentabilidade e accesibilidade de cara a incrementar a competitividade e rendibilidade do destino. EDIT pretende aproveitar o potencial da tecnoloxía para profundar no coñecemento da demanda en base a unha maior interacción co visitante, contribuíndo desta maneira a mellorar o proceso de toma de decisións de xestores de destino e empresas turísticas a ambos os dous lados da fronteira.
O consorcio do proxecto está liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e formado pola Axencia de turismo de Galicia, Turismo do Porto e Norte de Portugal, E.R., Associacao CCG/zgdv - Centro de Computaçao Gráfica e Universidade do Minho.
























