Xornadas de Lingua e Literatura

O CAFI, Centro Autonómico de Formación e Innovación, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia, organiza as Xornadas de Lingua e Literatura para axudar ao profesorado de ensino non universitario a recoller ideas e prácticas de interese arredor destas disciplinas, orientadas tanto á lingua propia coma á lingua cooficial do Estado.

Contará coa participación dos premios Nacionais 2023 Paula Carballeira (Literatura Dramática) e Yolanda Castaño (Poesía), así como dos autores e autoras Nando López,  Thibaut Deleval, Asís G. Ayerbe, María Solar, Piu Martínez, Raúl Vacas,  Fran Guede e Rocío Romero, tanto galegos como internacionais e vinculados ao ensaio, a fotografía, a educación, a novela, o deseño, a poesía, etc.

OBXECTIVOS:

  • Promover a reflexión sobre o concepto de educación literaria.
  • Dar a coñecer pautas didácticas ao redor da aprendizaxe e ensino da linguaxe literaria.
  • Revisar os conceptos de lectura, escritura e competencia dixital en relación coa educación literaria.

 As xornadas promoven a adquisición de competencias comunicativas (sentido estético, dramático e capacidade de emocionar), didácticas (espazos, recursos e materiais de aprendizaxe) e dixitais útiles para o deseño de situacións de aprendizaxe, estratexias organizativas e de xestión de recursos e a incorporación de diferentes códigos (visual, xestual, musical, dramático) que fomenten a capacidade de conexión do alumnado coa materia

Máis información AQUÍ.

 

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h