Xornadas de actualización 2025: A avaliación musical

A Federación Galega de Bandas de Música Populares celebra a segunda xornada de actualización de 2025, enfocada na avaliación musical. O evento, titulado A avaliación musical. Propostas para unha ferramenta máis eficaz e obxectiva, terá lugar o sábado 6 de setembro de 2025 na Cidade da Cultura.

A xornada será impartida por Rubén Veloso Carnero, inspector de educación con ampla experiencia no ensino da música. Licenciado en Historia e Ciencias da Música pola Universidad de Oviedo, exerceu como docente de música en secundaria desde 2005 e tamén desempeñou cargos directivos. Ademais da súa traxectoria profesional, Rubén Veloso participou en publicacións importantes, entre as que destaca o artigo La evaluación de los centros educativos en Galicia: actuaciones concretas de la inspección educativa e un capítulo sobre boas prácticas no proceso de avaliación na Formación Profesional.

Planificación e contidos da xornada

A actividade, cunha duración total de 8 horas, desenvolverase en dúas partes.

1ª Parte (09:00 a 14:00 h): a sesión comezará abordando a normativa, o currículo e a programación didáctica. Farase fincapé na avaliación nos Conservatorios Profesionais de Música (CMUS) e na avaliación continua.

2ª Parte (16:00 a 19:00 h): A xornada continuará explorando os tipos de avaliación, os seus conceptos e as ferramentas de avaliación dispoñibles. Tamén se tratarán en detalle os criterios de cualificación e avaliación, así como o proceso de reclamación segundo a Lei 39/2015-40/2015 e outras normativas específicas.

Máis información e inscricións na seguinte ligazón.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI