O Consello Social da Universidade de Vigo organiza coa colaboración dos consellos sociais da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña, as Xornadas de la Conferencia de Consellos Sociais das universidades españolas, do 12 ao 14 de abril no Edificio Fontán da Cidade da Cultura.
Nestas xornadas analizarase a evolución dos Consellos Sociais nas últimas catro décadas, ademais de propiciar un programa con mesas de traballo, sesións técnicas e relatorios, para falar –entre outros asuntos– da educación superior no contexto global de Europa, os novos retos e obxectivos que propicia a nova LOSU, o impacto do Camiño Xacobeo no ámbito académico e na difusión do coñecemento, e a configuración das universidades do futuro. Destacados expertos de España e Portugal abordarán estas temáticas.
As prazas teñen un preczo de 100€ por persoa, a inscrición está aberta neste formulario. Máis información do evento na súa páxina web.
PROGRAMA
- 9.15h Saída de Vigo a Santiago de Compostela
- 10.45h Café
- 11.15h Ensinanzas no Camiño de Santiago: Europa
- 11.30h O camiño que conectou o saber e vertebrou Europa
- 12.15h A visión desde as universidades do camiño
- 13.30h Acto institucional de inauguración das xornadas
- 14.00h Comida na Cidade da Cultura ofrecida polos Consellos Sociais de Galicia
- 15.30h Traslado ao Pazo de Fonseca. No casco histórico de Santiago de Compostela
- 16.00h Saúdo de benvida á Universidade de Santiago de Compostela
- 16.30h Novas normas: Novos cometidos para Universidades e Consellos Sociais
- 16.45h Compliance no ámbito universitario: unha breve introdución ao reto
- 17.30h E se empezamos a poñer cifras ao valor das universidades?
- 18.15h Café
- 18.30h Tempo libre - Visita ao Pazo de Fonseca
- 19.30h Regreso a Vigo
- 21.30h Cea ofrecida pola Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas
























