Xornada Técnica sobre o Plan Básico Autonómico

O vindeiro venres 26 de xaneiro de 2018, ás 10:30 h, terá lugar no Salón de Convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia unha Xornada Técnica sobre o Plan Básico Autonómico. A inauguración do evento correrá a cargo da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato; e do presidente da FEGAMP, Alfredo García Rodríguez. Clausurará a xornada o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Na xornada ofrecerase unha visión xeral sobre o Plan Básico Autonómico, unha análise técnica e explicación do documento, así como unha quenda de intervencións destinada a trasladar dúbidas, suxestións e aclaracións sobre o Plan.

Sobre o Plan Básico Autonómico

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está actualmente tramitando o Plan Básico Autonómico, que é o instrumento de planeamento urbanístico que ten por obxecto delimitar, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as afeccións derivadas da lexislación sectorial e identificar os asentamentos de poboación existentes.

Este instrumento será de aplicación nos concellos que carezan de Plan xeral de ordenación municipal. Asemade, terá carácter complementario do planeamento municipal existente, polo que será de aplicación para suplir as posibles indeterminacións e lagunas do planemanto municipal vixente.

Neste momento, o Plan Básico Autonómico está en fase de información pública, téndose solicitado os informes sectoriais preceptivos, de conformidade co previsto no artigo 50 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Por iso esta xornada ten como obxectivo facilitar a achega das alegacións que se consideren oportunas, así como colaborar na elaboración dos informes solicitados.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h