Xornada Técnica: Modelos de xestión do ciclo integral da auga

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos e Augas de Galicia organizan unha xornada sobre os modelos de xestión do ciclo integral da auga o día 1 de decembro no Edificio CINC.

A xornada dará comezo ás 10 horas coa inauguración a cargo da directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez López, e o decano da demarcación de Galicia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, Enrique Urcola Fernández-Miranda.

Posteriormente, o catedrático en Enxeñería Hidráulica da Universidade da Coruña, Jerónimo Puertas Augado realizará unha introdución ao tema das xornadas e moderará unha mesa redonda con participación de Javier Bobe Vázquez, enxeñeiro xefe do Servizo de Augas e Medio da Deputación de Ourense, Rufino Rodríguez Cañas, xerente do Consorcio de  Augas  do Louro, Vanesa Mateo Pérez, directora xeral da Auga do Principado de Asturias, Jaime Castiñeira de la Torre, director xeral de EMALCSA-EMVSA, e Gonzalo Mosqueira Martínez, xerente de Augas de Galicia.

A xornada concluirá coa intervención da conselleira de Infraestructras, Ethel Vázquez Mourelle.

O evento poderá seguirse de xeito presencial ou a través de ZOOM. A inscrición, elixindo calquera das dúas modalidades de asistencia, pode facerse a través no seguinte enlace.

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
9 — 25 Out 2026
De luns a domingo | De 10 a 20 h
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h
Do 23 - 26 nov