Xornada sobre Economía circular inclusiva

A Asocación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lugro (Cegasal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga) en colaboración con Viratec organiza unha xornada sobre Economía Circular Inclusiva, gratuíta, o xoves 16 de maio na Cidade da Cultura.

Durante o evento, explorarase como os Centros Especiais de Emprego e as Empresas de Inserción contribúen significativamente a un modelo económico máis sostible e inclusivo. O obxectivo principal é promover sinerxias entre as entidades da economía circular e da economía social, ademais de fomentar a implementación de estratexias de circularidade e inclusión.

Participarán diversos expertos en economía social e circular. A asistencia é de balde e pódese confirmala a través deste formulario en liña. Pódese consultar o programa completo no seguinte enlace: https://bit.ly/3QChQJL

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI