O sábado 4 de febrero de 2023, Aspanaes organiza a Xornada "Neurodiversidade e Autismo" impartida polo doutor José Ramón Alonso, ás 11:30 horas na Sala Eisenman da Cidade da Cultura.
Dirixida a familiares de persoas con TEA. O custo da inscrición para asistir á xornada é de 35 euros e o rexistro pode solicitarse a través do seguinte formulario na web de Aspanaes.
José Ramón Alonso é doutor pola Universidad de Salamanca. Catedrático de Bioloxía Celular e director do Laboratorio de Plasticidade neuronal e Neurorreparación do Instituto de Neurociencias de Castela e León. Foi investigador posdoutoral e profesor visitante na Universidade de Frankfurt e a de Kiel (Alemaña), a Universidade de California-Davis (USA), o Salk Institute for Biological Studies (San Diego, USA) e a Internationale Jugendbibliothek (Múnich, Alemaña).























