Xornada informativa sobre obras en bens patrimoniais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza, en colaboración coa Fegamp, unha xornada informativa sobre novas vías de axilización dos trámites administrativos en relación aos expedientes de bens patrimoniais, que se abren co desenvolvemento do novo marco normativo disposto pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. Este encontro desenvolverase o mércores, 24 de xaneiro, no Salón de Convencións CINC da Cidade da Cultura.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alfredo García, inaugurarán a Xornada. Estarán acompañados polo secretario xeral Técnico, Jesús Oitavén, e pola directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Ínsua.

O obxecto desta xornada é explicarlles aos representantes municipais e/ou profesionais relacionados coa área de urbanismo, os novos instrumentos normativos que se veñen de habilitar. O encontro está dirixido ademais de a Alcaldía, tamén ao secretario/a xeral do concello, ao/a concelleiro/a de Urbanismo e aos técnicos municipais da dita Concellería.

Máis información en: http://www.fegamp.gal/content/xornada-informativa-sobre-obras-en-bens-pa...

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027