Xornada informativa sobre o Plan MAT de mellora de aloxamentos turísticos

A Xunta presenta na Cidade da Cultura de Galicia a nova convocatoria de axudas que acaba de abrir en relación ao Plan MAT de Mellora de Aloxamentos Turísticos. 

A Xunta presentou dúas ordes dotadas con 4 millóns de euros coa previsión de que poidan beneficiar a 550 establecementos galegos incluídos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta (REAT), con especial incidencia nas pequenas e medianas empresas do sector. Deberán acreditar unha antigüidade na actividade non inferior a cinco anos.

Fundamentalmente se subvencionan cuestións como a mellora da accesibilidade e a supresión de barreiras; mellora nas instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade; para incrementar a categoría do establecemento; para a posta en marcha de medidas de aforro enerxético e de embelecemento do aloxamento, así como a renovación dos equipamentos mobles necesarios.

Ademais, entre os criterios de valoración atópanse tamén o grado de investimento, o impacto no emprego, o tamaño da entidade e que estean en posesión tanto dalgún certificado de calidade para o sector turístico como dalgunha certificación ambiental internacionalmente recoñecida. Finalmente, terase en conta que a empresas solicitantes teñan implementados un plan de igualdade ou de formación. 

O investimento neto admitido por cada proposta será de ata 100.000 euros. Os proxectos poderán acadar unha subvención de ata o 35% sobre o orzamento do investimento subvencionable. 

O Plan MAT comprende preto de vinte liñas de axudas a través de subvencións e instrumentos financeiros. Igualmente, vai acompañado de numerosas actuacións tales como a creación dun mapa interactivo de axudas que permita ao sector coñecer polo miúdo os recursos dispoñibles; actividades formativas, xornadas de networking, encontros informativos con expertos, difusión de boas prácticas, recoñecemento e distinción da excelencia ou cursos de especialización, entre outros.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI