Xornada informativa sobre a Memoria Dixital de Galicia

O 20 de xullo realízase na Cidade da Cultura unha xornada informativa sobre a Memoria Dixital de Galicia, unha iniciativa para crear un novo modelo de xestión e conservación do patrimonio cultural galego baseado nas TIC, que garanta a súa preservación, difusión e a accesibilidade desde calquera lugar do mundo. O obxectivo é consolidar un fondo dixitalizado do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia, custodiado e albergado no CPDI do Gaiás. 

No marco da xornada presentarase a nova convocatoria de axudas da Xunta de Galicia dirixidas a facilitar a dixitalización dos fondos patrimoniais de entidades públicas e organizacións privadas sen fins de lucro. Os recursos dixitais que se xeren difundiranse a través do portal www.biblioteca.galiciana.gal.

Inaugurarán a xornada a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

A Memoria Dixital de Galicia é unha estratexia impulsada desde o ámbito público, a través da Consellería de Cultura, Educación Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa sociedade galega e con todos os axentes implicados na xestión do patrimonio cultural galego, baixo a denominación das institucións da memoria, entre os que están o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento ou as Universidades públicas galegas.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada