O sábado 30 de marzo o Edificio CINC da Cidade da Cultura acolle unha xornada de encontro entre as persoas participantes no programa de mobilidade xuvenil Galeuropa.
Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Ofrece a realización de prácticas formativas non laborais en empresas e entidades públicas ou privadas de países europeos, co obxectivo de reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais e mellorar a formación e adquisición de experiencia para a inserción laboral da mocidade.
Mar - Dec 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
31 out 2026
De 19:00h a 20:30h
7 e 8 Nov 2026
12.00 horas



























