Xornada FORSU: retos e oportunidades

Esta xornada organizada pola Fegamp, abordará os aspectos máis relevantes sobre a xestión da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos (FORSU), a través de ponencias da Xunta de Galicia, SOGAMA, o Complexo Medioambiental do Barbanza ou a Deputación de Ourense. Ademais, na mesa de intercambio de experiencias locais daranse a coñecer iniciativas que se están a desenvolver desde diversos concellos, consorcios e deputacións provinciais. 

Vai dirixida a persoal ao servizo das administracións públicas, alcaldes, concelleiros e interesados en xeral. 

Máis información no web da Fegamp e no programa da xornada (dispoñible neste enlace). As prazas son limitadas, pode realizarse a inscrición ata o 3 de maio.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, participará na inauguración ás 9.45 horas.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI