Xornada de presentación do Proxecto Aldeas Intelixentes

O 18 de marzo celebraráse a Xornada de presentación das fichas de avance para os retos do Proxecto Aldeas Intelixentes, dirixida a empresas e entidades de innovación interesadas en participar no plan impulsado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia. A Xornada terá lugar ás 11 horas no Auditorio 1 do Edificio Cinc da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Aldeas Intelixentes, Solucións de futuro para aldeas sostibles é un proxecto da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia que persegue obter solucións innovadoras que permitan impulsar a recuperación dos núcleos rurais co fin de conseguir un territorio rural intelixente a través da creación dunha rede de aldeas modelo que potencien os grandes valores das áreas rurais e proporcionen aos actores locais as ferramentas para aproveitar o seu potencial e así contribuír aos grandes retos como a seguridade alimentaria, o declive demográfico ou o cambio climático.

O proxecto ten como obxectivo levar a cabo unha Compra Pública de Innovación (CPI) e conta cun orzamento superior aos 5 millóns de euros de fondos propios, ao que se espera poder sumar outras fontes de financiamento vinculadas a Next Generation UE ou ao programa FID do Ministerio de Ciencia e Innovación para alcanzar un orzamento global próximo aos 15 millóns de euros.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta