Xornada de Celebración 30 aniversario FP. Erasmus

Xornada para festexar os 30 anos deste programa. O Programa orixinal comezou en 1987 como un programa de intercambio que ofrecía a estudantes universitarios a posibilidade de aprender e enriquecerse estudando no estranxeiro. Ao longo dos últimos 30 anos ampliou o seu alcance e envergadura. Hoxe Erasmus+ ofrece un maior número de oportunidades tanto a persoas como a organizacións, por exemplo ir de voluntario ou aprendiz a países estranxeiros e cooperar en proxectos conxuntos.

O Deporte tamén se converteu nunha parte importante de Erasmus+ e, ademais, actualmente o Programa esténdese a países de fóra de Europa.

De feito, desde o lanzamento do programa Erasmus+ en 2014, dous millóns de persoas de todos os ámbitos beneficiáronse das oportunidades que ofrece, tales como períodos de estudos, de prácticas ou voluntariado, adquirindo experiencia no estranxeiro. E durante estes últimos 30 anos xa participaron un total de cinco millóns de persoas.

 
 
pdf 138.85 KB
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027