O Incipit-CSIC organiza unha xornada sobre a monumentalidade co título 'How does monumentality shape the social landscape? Archaeological approaches to society, culture and digital applications' e a participación dos investigadores Jadranka Verdonkschot, Samuel Nión-Álvarez e Alejandra Galmés-Alba. A xornada será o mércores 8 de outubro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura.
Neste workshop, convídase a explorar distintas perspectivas sobre como os humanos crearon, desenvolveron e interactuaron con arquitecturas e espazos monumentais. Tamén se porá cuestión a definición de monumento e a percepción da monumentalidade en distintos períodos históricos e se analizará como os monumentos actuaron coas sociedades que as construíron, e como modificaron a paisaxe e a súa percepción. Con investigacións que abarcan desde o Neolítico ata a Idade Media, este obradoiro afrontará un amplo rango de enfoques teóricos, metodoloxías de análises e casos de estudo para achegar novas perspectivas sobre como as sociedades cambiaron a paisaxe e como elas cambiaron con ela.
Máis información na web do Incipit-CSIC.




















