Xornada 'A Cidade adaptada á loxística urbana'

O Centro de Innovación para la Logística y el Transporte (CITET) organiza o próximo 22 de setembro, en colaboración coa Agrupación industrial da Función Loxística de Galicia, o evento ‘A cidade adaptada á loxística urbana: gobernanza, normativa, espazos, infraestruturas e solucións‘, que terá lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia.

Trataranse diferentes temas en relación á loxística urbana, os cales permitirán aos asistentes recibir unha visión sistémica do ecosistema loxístico nas cidades. Os temas abordaranse desde o punto de vista da actualidade lexislativa respecto das zonas de baixas emisións e a situación da distribución urbana de mercancías en Galicia. Participarán membros tanto do sector público como do privado, co fin de ofrecer unha visión global da loxística urbana.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta