XLV Reunión da Sociedad Gallega de Oftalmología

A Sociedad Gallega de Oftalmología (SGO) celebra a súa 45 reunión os días 25 e 26 de xaneiro no Edificio CINC da Cidade da Cultura. Un encontro no que os profesionais poderán poñerse ao día e debatir ao redor dos últimos avances en cirurxía ocular e no tratamento de enfermidades como o glaucoma, o edema macular diabético, a conxuntivite cicatrizal ou a miopía. A reunión contará coa participación de expertos nacionais e internacionais.

Ademais, o profesor Ángel Carracedo, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e director da Fundación de Medicina Xenómica, será o encargado de impartir a V Conferencia Profesor Sánchez Salorio, que leva o nome dunha das figuras máis destacadas da oftalmoloxía en España nos últimos 50 anos.

Consulta o avance do programa aquí. Máis información e inscricións na web da Sociedad Gallega de Oftalmología.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027