XIXX Xornadas estatais FEAE

As XXIX Xornadas Estatais do Forum Europeo de Administradores da Educación (FEAE) celébranse do 20 ao 23 de outubro de 2022 entre A Coruña e Santiago de Compostela, poñendo o foco nunha educación inclusiva e equitativa de calidade e na aprendizaxe ao longo da vida para todos e todas. Baixo o epígrafe “Aprendendo no Camiño: Sostenibilidade e Formación no século XXI”, a organización faise eco da chamada á colaboración para identificar os retos aos que se enfronta o sector no deseño dun modelo de educación capaz de satisfacer as demandas dun futuro máis sostible.

Nesta ocasión, as xornadas organízanse desde tres bloques temáticos: un percorrido polos desafíos que se expoñen no novo currículo e na FP, a reflexión sobre propostas que fan da educación unha ferramenta transformadora da contorna (Portugal Inovação Social, Aprendizaxe en contextos non formais) e, nun terceiro bloque, tentarase mostrar unha mirada holística do futuro na educación e dar a coñecer algunhas pautas baseadas en evidencias científicas para aplicar cambios neste ámbito. Haberá unha mesa redonda onde personalidades relevantes do mundo da educación e a sostibilidade debaterán sobre os novos retos que a educación debe afrontar e compartiranse experiencias e propostas sobre esta temática que se levaron a cabo en espazos educativos de todo o estado español.

O programa do día 23 de outubro celebrarase no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, coa participación diversos expertos e académicos na temática. Ademais, a conferencia de clausura correrá a cargo de Federico Mayor Zaragoza, ex-director xeral da UNESCO e presidente da Fundación Cultura de Paz.

As xornadas están dirixidas a persoas interesadas na educación (profesorado de todos os niveis, axentes educativos, estudantes, persoas vinculadas a entidades e ONGD, etc.), están certificadas pola Universidade da Coruña e homologadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Ademais, as comunicacións aceptadas publicaranse nun número especial da revista Dyle e seleccionaranse algunhas delas para a revista Eduga.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h