XIII reunión anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria

A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria AGAPap celebrará o sábado 6 de abril a súa XIII reunión anual, no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago. 

Os pediatras actualizarán coñecementos e debaterán sobre o día a día e a situación do seu colectivo, co obxectivo de poder ofrecer a mellor atención posible ás familias. 

En concreto, este evento conta no seu programa con sesións dedicadas ás primeiras medidas ante unha emerxencia en Atención Primaria; as patoloxías en endocrinoloxía máis habituais na consulta e cando derivalas; os aspectos legais sobre o menor que todo pediatra debe coñecer; ou a aprendizaxe miccional correcta e os síntomas no tracto urinario inferior. 

O acto inaugural desenvolverase ás 10:30 horas.

Programa da reunión da AGAPap 

A reunión comezará cun relatorio sobre “Patoloxía endocrinolóxica máis frecuente na consulta de atención primaria, cando e como derivar?, a cargo da doutora Ana María Prado Carro, endocrina infantil no CHUAC da Coruña. 

O seminario “Aprendizaxe miccional correcta e manexo da sintomatoloxía do tracto urinario inferior” estará a cargo do cirurxián infantil Iván Somoza Argibay, también do CHUAC. 

A continuación terá lugar a asemblea xeral da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria. 

Xa pola tarde terá lugar o seminario “Primeiras medidas ante unha emerxencia en Atención Primaria”, con Yolanda Fernández Santervás, pediatra no Hospital Sant Joan de Deú (Barcelona) e directiva da Sociedade Española de Urxencias de Pediatría SEUP. 

Tradicionalmente, a última ponencia nas reunións de AGAPap conta cun experto dun campo diferente ao da pediatría pero de interese para a súa profesión. Nesta ocasión, Carmen González León, profesora de dereito civil na Universidade de Salamanca, impartirá a conferencia de clausura “Aspectos legais sobre o menor de idade: o que o pediatra debe saber”. 

Sobre a Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria AGAPAP 

A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria naceu en 2005 para dinamizar e ilusionar o traballo dos pediatras de atención primaria, mellorar a calidade das súas condicións de traballo e dignificar a súa imaxe como profesionais cun alto nivel de formación. AGAPap, que conta con máis de 200 socios, forma parte da Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (AEPap), pero actúa de forma autónoma para alcanzar os seus obxectivos comúns.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI