XII Xornadas de Arquitectura e Deseño

O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica e o patrocinio das empresas Madeiras Rubén, Molduras do Noroeste, Senssia e Grupo Siero, celebra as XII Xornadas de Arquitectura e Deseño que terán lugar o venres, 7 de xullo, a partir das 09:30 horas, no Auditorio Xosé Neira Vilas, da Cidade da Cultura.

O deseño é unha ferramenta fundamental no proceso de innovación, tanto na parte da propia definición do produto, como na súa comunicación e aceptación polo mercado. Da man de arquitectos, deseñadores, ebanistas e empresas do sector abordarase a importancia do deseño na construción e edición de produto, coa mirada posta no mercado e o consumidor final.

Os arquitectos Pablo Falcón e Ángel Santorio, e o ebanista e artesán Ángel Otero, compartirán cos asistentes as súas experiencias profesionais co emprego da madeira. Ao termo das exposicións, celebrarase unha mesa de debate á que se sumarán as empresas asociadas ao CMD, Cándido Hermida e Galopín Playgrounds para achegar a visión industrial. O debate, moderado pola arquitecta María Fernández, estará aberto a todos os asistentes.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta