XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas

Máis dun centenar de representantes das entidades galegas no exterior danse cita os días 3 e 4 en Santiago de Compostela para asistir ao XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas que centrará boa parte das sesións de traballo en profundar na repercusión que as políticas de retorno están a ter na comunidade autónoma e en lograr a implicación dos centros do exterior na promoción do Xacobeo 2021. A importancia das políticas sociais en favor da emigración e o papel que xogan os centros no desenvolvemento da ‘galeguidade’ constitúen o fondo dos outros dous relatorios do pleno, que será inaugurado o martes polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Lugares tan emblemáticos da capital compostelá como o mosteiro de San Martiño Pinario ou a igrexa de San Domingos de Bonaval (onde repousan os restos de Rosalía ou Castelao, entre outros ilustres de Galicia) servirán de escenario o martes desta semana da primeira xornada de traballo do XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, que achega a Galicia nesta ocasión a 110 representantes da diáspora galega chegados de distintos puntos de España, Europa e América.

O XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas comeza a desenvolverse o luns, 2 de decembro, co recibimento aos representantes das comunidades galegas convocadas e a entrega aos mesmos das credenciais, o que terá lugar no mosteiro de San Martiño Pinario. As sesións de traballo comezarán o martes, tras a inauguración do pleno por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijó, prevista para as 10:00 horas na igrexa de San Domingos de Bonaval, e a intervención do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, programada para as 12:00 horas.

Outras exposicións complementarias que, neste caso, versarán sobre o Xacobeo 21 e a ‘Aplicación informática de xestión de entidades’, terán lugar tamén o mércores, a partir das 9:30 horas, na Cidade da Cultura. A lectura e aprobación das conclusións dos relatorios está programada para as 10:00 horas, momento no que se abrirá tamén un tempo para rogos e preguntas.

Tras a comida, está programada unha visita á exposición ‘Galicia: un relato non mundo’ e, a partir das 20:00 horas, un concerto de Roi Casal.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h