XII Carreira Camiño das Letras

A empresa XURDIR coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, organiza o domingo 17 de maio de 2026 a XII Carreira Camiño das Letras, coa proba absoluta que partirá dende o Pico Sacro, seguindo o Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura. Trátase dunha competición que une a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.

A maiores desta proba de 15 km, farase unha carreira de 5 km no entorno da Cidade da Cultura, ofrecendo as dúas alternativas a todos/as os/as participantes. Tamén haberá carreiras para as distintas categorías infantís e xuvenís de sub6 a sub16.

As inscricións estarán abertas ata o xoves 14 de maio. Máis información na web de Carreiras Galegas

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027