Xadrez - Torneo Promoción Santiago 2018

Coa intención de ir quentando motores de cara á celebración do Campionato Mundial de Xadrez de Categoría Cadete, a Cidade da Cultura acolle o 27 de outubro o Torneo Promoción Santiago 2018, último torneo do XIII Circuíto Galego de Promoción 2018.

Arredor dun centenar de nenos e nenas das categorías sub-8 a sub-14 participarán nesta competición, que rematará coa entrega de premios e a clausura do XIII Circuíto Galego Xadrez de Promoción. O Torneo Promoción Santiago 2018 está organizado pola Federación Galega de Xadrez (FEGAXA) coa colaboración da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, a Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

Horario
10:30 h. Presentación
11:00 h. 1ª Rolda
12:00 h. 2ª Rolda
13:00 h. 3ª Rolda
16:00 h. 4ª Rolda
16:45 h. 5ª Rolda
17:30 h. 6ª Rolda
18:15 h. 7ª Rolda
19:30 h. Acto de Clausura e entrega de Premios

Categorías:
Sub-8 “Promesas”: Nados nos anos 2010 e posteriores
Sub-10 “Benxamíns”: Nados nos anos 2009 e 2008
Sub-12 “Alevíns”: Nados nos anos 2007 e 2006
Sub-14 “Infantís”: Nados nos anos 2005  2004

O Circuíto Galego de Promoción naceu co obxectivo achegar e impulsar a afección polo xadrez entre os rapaces e rapazas máis novos de toda Galicia, promovendo o espírito deportivo fronte á competitividade. No ano 2018 este circuíto integrou un total de 18 torneos impulsados por clubs, institucións e organismos que apostan por promover o deporte base en Galicia.

Inscricións ata o 24 de outubro. Máis información e consultas na web da FEGAXA.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h